Loading...
Inicio / IMOS á ESCOLA / Cabelos de punta

Cabelos de punta 3

 

Seguramente o nome de Robert J.Van der Graaf non che di nada. Pero grazas a el, podemos facer experimentos tan sorprendentes como o de poñer os pelos de punta.

En torno a 1929, este investigador desenvolveu o xerador que leva o seu nome. Aínda que inicialmente foi concibido para experimentos de física nuclear, hoxe en día o seu uso principal é para realizar demostracións científicas no ámbito da electricidade estática.

O seu funcionamento é moi simple. Consta de dous elementos metálicas denominados peites que se sitúan próximos a unha fita de material illante que transporta as cargas eléctricas dun peite ao outro. De aí, trasládanse a un terminal oco (a esfera da parte superior).

A xeometría redondeada provoca que as cargas queden “atrapadas”, podendo xerarse grandes diferenzas de potencial (o que chamamos voltaxes).

Ao tocalo, ofrecemos un “camiño” ás cargas para dirixirse ao chan (onde poderán estar máis separadas), o que provoca que se achegamos un dedo, estas xeren un arco voltaico (unha faísca), que nos dará unha pequena -se temos sorte- descarga.

Pero se nos situamos sobre un elemento illante, e colocamos a man sobre el antes de iniciar o traslado de cargas, compartiremos estas cargas co terminal, quedando os dous co mesmo nivel ou estado eléctrico.

E aquí vén a parte aparentemente máXica….En o momento en que nos empezamos a cargar, ademais de notar un formigueo empézasenos a encrespar o cabelo ata que rematamos cos pelos de punta. Cal é o motivo? Simplemente que as cargas que nos cobren tamén están no noso cabelo, o que provoca que por repulsión eléctrica (as cargas iguais repélense), estes se separen todo o posible. Non sucede o mesmo co resto do noso corpo porque as cargas non poden contrarrestar as restantes forzas que actúan sobre nós.

 

DAVID BALLESTEROS

Share