Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / O frío

O frío 1

 

En xeral, tendemos a encollernos instintivamente para reducir a superficie corporal en contacto co frío, frotarnos as mans, (a fricción xera calor rápidamente) e movernos (o movemento muscular tamén xera calor).

Ademais, o corpo, a través do sistema nervioso simpático, desenvolve os seus propios mecanismos para reter calor:

  • A circulación sanguínea periférica redúcese (as veas superficiais contráense e          poñémonos pálidos).
  • Tense máis fame (a dixestión xera calor).
  • Hai piloerección (aumenta a capa de aire en contacto coa pel e quentada por ela).
  • Prodúcense tremores (e por tanto, movemento muscular).

É verdade que perdemos calor pola cabeza, básicamente porque o cerebro é, xunto co corazón, o órgano que máis sangue recibe. Pero esaxérase a proporción: hai un motivo fundamental, que é que adoita ser a última parte do corpo que abrigamos.

Un dos mecanismos corporais que vén ben evitar é a vasodilatación na superficie do corpo. Se os vasos sanguíneos transportan máis sangue, perdemos calor máis rapidamente.

Hai a crenza de que se combate a calor comendo ou bebendo cousas quentes. É lóxico, pola sensación de aumento de temperatura que se ten. Pero produce vasodilatación e a medio prazo acabamos perdendo un pouco máis de calor que se non o tivésemos feito.

O mito do alcohol é parecido. Como tamén dilata os vasos sanguíneos e, sendo un anestésico, adormece os receptores térmicos, dá a impresión de que aumenta a temperatura, cando a verdade é que o que produce é hipotermia. (Por suposto que nunca houbo un San Bernardo cun barril de ron no colo. É unha pintura do século XIX que se copiou ata a saciedade).

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share