Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / O xeo e a conducción de calor

O xeo e a conducción de calor 2

 

A condución de calor consiste na propagación de enerxía cinética (debida ao movemento), por medio do choque entre partículas, que ceden parte desta enerxía ás partículas contiguas. Por este motivo, os sólidos, con maior densidade de partículas, son os mellores condutores. Os líquidos son malos e os gases practicamente non conducen a calor.

O experimento dos xeos está baseado no principio do equilibrio térmico, polo que dous corpos en contacto rematan igualando as súas temperaturas. Os soportes, a temperatura ambiente, igualan as súas temperaturas co xeo a distintas velocidades:

O metal, con alta densidade de partículas faino rapidamente. O plástico é poroso e con menos partículas, que polo tanto chocan menos, transmitíndose menos calor. Por eso o xeo que está sobre a placa metálica desfaise moito máis rápidamente.

Unha cousa curiosa do experimento é que unha das placas, inicialmente á mesma temperatura que a outra, está bastante máis fría. Esta sensación acontece porque perdemos calor na zona en contacto coa placa a máis velocidade se é metálica que se é sintética.

Pasa exactamente o mesmo nun cuarto de baño: a alfombra está á mesma temperatura que as baldosas, (si, todos os obxectos nun sistema pechado igualan as súas temperaturas, por iso a temperatura ambiente a comida arrefríase e os xeados desfanse), pero notámolas máis frías porque son moito máis eficientes igualando os seus 20 graos cos nosos 37 que a alfombra.

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share