Loading...
Inicio / o LABORATORIO / O hidróxeno

O hidróxeno 3

 

O hidróxeno é con diferenza o elemento mais abondoso do universo. Na terra tamén temos moito hidróxeno, como parte da auga ou da maioría dos compostos químicos coñecidos. Pero contra o que poidamos pensar o hidróxeno libre – a molécula de H2 – é moi escasa no noso planeta. Isto é así porque o H2 é un gas tan lixeiro que a gravidade da terra non o da retido.

Tense falado de que o hidróxeno podería ser o combustible do futuro. Non é correcto, o hidróxeno en realidade é un bo contedor de enerxía que se pode empregar para mover coches ou alimentar teléfonos móbiles. A cuestión é que para obter hidróxeno libre (H2) debemos gastar enerxía, por exemplo mediante a electrólise da auga.

No laboratorio de Éche Así obtemos este gas facendo reaccionar cinc en po con ácido clorhídrico.

artigo

 

Algúns desatascadores domésticos funcionan do mesmo xeito. Levan sosa e limaduras de aluminio na súa composición que o reaccionar coa auga xeran hidróxeno gas e calor que desentupen as tubarias.
Unha vez producido o hidróxeno cómpre actuar con rapidez. O H2 é un gas diatómico moi pequeno que difunde con facilidade polos poros do globo. Para amosar a capacidade enerxética do H2 poderiamos conectalo a unha pila de combustible e deste xeito obter electricidade. Así é como funcionan os coches de hidróxeno. Pero tamén podemos liberar nun instante as aproximadamente 3 kilocalorías que almacenamos dentro do noso globo. So cómpre achegar unha fonte de ignición que dispare a combustión do hidróxeno co osixeno do aire.

Na explosión acádanse os 500ºC. Aínda que non somos quen de aprecialo ao estourar o noso globo estase a formar un pouco menos dun mililitro de auga.

Polo que vemos encher globos con hidróxeno en vez de con helio -que é un gas inerte – non é unha boa idea. Sabémolo moi ben desde o accidente do dirixible Hinderburg.

Por certo, se en vez de estourar o noso globo de hidróxeno o deixaramos voar libremente no exterior, sabes o que pasaría?

 

MANUEL VICENTE

Share