Loading...
Inicio / GALICIA inNOVA / Física do sabor

Física do sabor 2

 

Ata o 2012 ao crebacabezas da física actual faltáballe unha peza. Para atopala houbo que construír a máquina máis complexa xamais soñada polo home, o LHC. Os físicos conseguiron deste xeito completar o chamado Modelo Estándar co achado do bosón de Higgs.

O Modelo Estándar describe a materia e forzas coñecidas cun rango de validez de 20 ordes de magnitude. Se visitas o CERN non deixes de facerte cunha camiseta coa expresión matemática do que é, sen dúbida, un dos mais grandes logros do intelecto humano.

artigo 01_sabor

Agora sabemos que este crebacabezas está formado por 12 partículas elementais (6 quarks e 6 leptóns) e unha serie partículas portadoras das interaccións. Grazas ao Higss podemos explicar por qué as outras partículas teñen masa.

A partir de agora, que xa coñecemos as tres xeracións da materia, poderiamos pensar que se os físicos vanse aburrir. Pero se a historia da ciencia demostra unha cousa é que unha resposta sempre conduce a novas preguntas. Non sabemos por qué o crebacabezas só ten estas pezas, e por qué se agrupan en tres familias. Tampouco temos explicación do motivo polo que temos pezas moi similares en todo menos na masa, na que atopamos diferenzas de ata 5 ceros. A estes interrogantes intenta dar resposta a física do sabor.

Unha das posibilidades coas que especulan os físicos teóricos é que existan partículas compañeiras das do Modelo Estándar pero mais pesadas. Esta é a teoría da Supersimetría (SUSY) postulada entre outros por John Ellis. A foto de abaixo a tomamos no seu despacho no CERN.

artigo 02_sabor

O nome de física do sabor é moi evocador, pero non ten nada que ver co noso sentido do gusto. O único consolo é que aínda que os quarks – que forman parte dos neutróns e protóns dos átomos – non os podemos separar e por tanto saborear, tamén é certo que o quark sabe a queixo.

Para saber máis:

Achegándonos ao LHC de Xavier Cid e Ramón Cid

Física de sabores de Pablo González e Fernando Marchesano

 

MANUEL VICENTE

Share