Loading...
Inicio / IMOS á ESCOLA / A polarización das pantallas

A polarización das pantallas 3

 

Cando nos imaxinamos unha onda, pensamos nunha liña que serpentea seguindo un plano vertical. A luz ten comportamento ondulatorio, pero a realidade é que esa propagación ten lugar en moitos planos con orientacións distintas. Chámanse planos de oscilación.

As pantallas de cristal líquido (LCD), necesitan láminas polarizadoras que filtran as ondas que se propagan seguindo todos eses planos, bloqueando todos menos un. Entón é cando vemos a imaxe. Se non a filtrásemos, veriamos a pantalla branca, porque o ollo recibiría multitude de ondas de diferentes lonxitudes (e por tanto, cores) en distintos planos de oscilación. E cando o ollo recibe ondas de todas as lonxitudes visibles, ve branco.

artigo_espectro

Se viramos a pantalla, todas as cores da imaxe van cambiando, porque o filtro, ao ir virando, vai deixando pasar ondas distintas, con lonxitudes distintas. E xa sabemos que a lonxitudes distintas, cores distintas.

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share