Loading...
Inicio / o LABORATORIO / CSI: As pegadas

CSI: As pegadas 2

 

Se miramos ás xemas dos nosos dedos, veremos un debuxo formado por liñas curvas máis ou menos concéntricas. Estas liñas chámanse crestas papilares e están separadas polos chamados surcos papilares.

A pel está infestada de glándulas sebáceas, que segregan graxa, e sudoríparas, que liberan suor. A mestura do produto das dúas glándulas deposítase nos surcos papilares. Cada vez que tocamos algo depositamos graxa e suor, e se iso que tocamos é moi liso, deixamos unha marca que é un reflexo exacto do debuxo que temos nos dedos.

Se temos en conta que é case imposible que haxa dous dedos iguais no mundo, porque a probabilidade de que se repita un debuxo tan complexo é remota, cando deixamos unha pegada dactilar, estamos a deixar unha proba incontestable de presenza.

Por iso e pola facilidade na detección, úsase tanto e hai tanto tempo como sistema de identificación. Úsanse pos formados por partículas finísimas, que se adhiren á graxa e conforman a imaxe reflicto. Os máis usados son o carbonato de chumbo, o sulfuro de zinc ou o dióxido de titanio, brancos, e o carbono puro en superficies claras.

Recentemente, descubriuse a eficiencia das nanopartículas de dióxido de silicio, que se adhiren aos residuos dactilares por atracción química. Por este mecanismo poden revelarse pegadas indetectables ata agora.

Referencias:
Detección de pegadas con nanopartículas:

S Moret, A Bécue, C Champod. Nanoparticles for fingermark detection: an insight into the reaction mechanism. Nanotechnology (2014). DOI: 10.1088/0957-4484/25/42/425502.

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share