Loading...
Inicio / o LABORATORIO / CSI: O sangue

CSI: O sangue 2

 

O primeiro que se lle ocorrería a alguén que deixase restos orgánicos nun lugar no que non quixese que se soubese que estivese, é limpalos. Máis vale non deixar cabichas, pelos, nin por suposto, sangue.

Porque a partir da análise de saliva, pelos ou sangue, entre outros restos, pode identificarse sen marxe de erro a unha persoa. Neles hai material celular do que pode extraerse ADN, e o ADN é único e irrepetible .

O caso é que os restos orgánicos poden limparse, claro, de forma que non se vexa a primeira ollada que algunha vez existiron. O que pasa é que se un deixa restos microscópicos, invisibles, non está a borrar do todo a pegada, e para detectala hai métodos moi fiables.

Un deles baséase na localización de hemoglobina, unha proteína presente no sangue, en concreto nos glóbulos vermellos. Utilízase como detector de restos de sangue, non como fonte de ADN. Este atópase nos glóbulos brancos.

Utilízase unha mestura de luminol e peróxido de hidróxeno, que cando entran en contacto, producen unha reacción química na que se libera luz, chamada quimioluminiscencia. Esta reacción non funciona se non hai un catalizador, un motor que a poña en marcha. E ese catalizador é o Ferro, moi abundante nos glóbulos vermellos. Así que se se rocía unha superficie na que haxa Ferro cunha mestura de luminol e Peróxido de Hidróxeno, terá lugar a reacción e verase luz. Esta será unha evidencia de presenza de Ferro, e moi probablemente, sangue. Só queda buscar glóbulos brancos e pedirlles un pouco de ADN.

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share