Loading...
Inicio / o LABORATORIO / Química da cor

Química da cor 2

 

O átomo, unidade básica que constitúe a materia, permanece en condicións normais no chamado estado fundamental, que é estable. Cando un átomo recibe enerxía, calorífica, por exemplo, cambia de estado, pasando a outro, chamado excitado. Este estado non é estable. O átomo tende a rexeitar a enerxía absorbida para volver ao seu estado fundamental, e faio, entre outros medios, liberando luz. A lonxitude de onda desa luz é distinta segundo o tipo de átomo. Por iso as cores son distintas se as substancias que se quentan son distintas.

Cando entra en combustión, o ácido bórico emite luz de 550 nm, por iso a chama resultante é verde. O Litio emite a 700 nm, xerando unha chama completamente vermella. O Sodio emite a 600 nm, por iso, queimando sal, vese un brillo amarelo.

Este é o fundamento no que se basea a chamada análise espectral, a través do cal se analizan substancias, determinándose a presenza dos elementos que as forman. É o método que se utiliza para coñecer a composición dunha estrela: recíbese unha mestura de radiacións, que se descompón cun espectrógrafo no chamado espectro de absorción, formado por radiacións independentes, de cores distintas. Cada cor corresponde a un elemento.

E tamén é o principio de algo tan trascendente como a conversión de enerxía eléctrica en enerxía luminosa. Nós lles “cascamos” aos átomos e van e nos devolven luz. Benditos eles.

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share