Loading...
Inicio / IMOS á ESCOLA / Cortocircuito auditivo

Cortocircuito auditivo 1

 

Nos últimos anos púxose de moda en televisión o uso de “idiotizadores”. Durante unha entrevista, suxírese ao convidado poñerse uns auriculares e a partir dese momento tatexa, balbuce palabras inintelixibles ou no mellor caso “arrastra” as palabras de forma cómica.

O misterioso efecto baséase nun fenómeno coñecido hai anos chamado retroalimentación auditiva retardada. Se escoitamos as nosas propias palabras cunha décimas de segundo de atraso, fáisenos case imposible continuar falando con normalidade.

Aínda hoxe en día non están claros os mecanismos cerebrais responsables deste efecto, aínda que algúns estudos como o levado a cabo por Hashimoto Y y  Sakai KL formulan que as rexións tempo parietais do noso cerebro actúa como un sistema de automonitorización consciente  que respalda un sistema de produción automatomatizado da fala.

Se vos apetece ver un uso cando menos curioso deste proceso cerebral, lede este artigo sobre un dispositivo xaponés de dubidosa eficacia que baseándose neste proceso propón silenciar aos pesados a distancia.

 

DAVID BALLESTEROS