Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / Gorila por lebre

Gorila por lebre 0

 

Podemos fiarnos realmente da nosa vista? Normalmente, o sentido que nos parece máis fiable é o da visión. Non son raras as expresións como “o vin cos meus propios ollos”, “freguei os ollos para comprobar se o que vía era certo”. Pero realmente como demostrou a experiencia da que imos falar, a información de proporciónannos os nosos sentidos non é tan completa como nos gustaría.

A percepción selectiva é un mecanismo polo cal se nos concentramos nun elemento desatendemos o resto de información que estamos a recibir. Cre que este proceso se produce para evitar un desbordamento dos nosos procesos cognitivos provocado pola gran cantidade de datos e estímulos que recibimos.

Dito doutro xeito: Como non podemos xestionar toda a información que recollen os sentidos e envían ao cerebro, en moitas ocasións descartamos de forma automática a parte de información que “teoricamente” non nos é útil nese momento..

Quizais a demostración máis espectacular deste mecanismo é o test de atención selectiva coñecida como “O gorila invisible”. Trátase dun experimento cognitivo desenvolvido en 1977 por Christopher Chabris and Daniel Simons para demostrar o que se coñece como cegueira de atención e que se converteu, nos tempos de youtube, nunha das experiencias máis repetidas tanto por investigadores como por admiradores.

Na investigación orixinal, os científicos pediron grupos de voluntarios que visionaran unha escena na que dous grupos de estudantes (vestidos con camisetas brancas e negras) se pasan pelotas de baloncesto. Durante dito visionado, debían contar cantas veces pasaba o balón dunha persoa a outra ou cantos pases con bote se producían respecto a aéreos. Ao finalizar, pedíase aos voluntarios que indicaran se viran algo unusual.

A gracia do video, e de aí o nome do experimento, é que durante a acción pasa dun lado a outro un gorila ou unha muller con antuca (fixéronse as dúas variantes). Sorprendentemente, en torno a un 50% dos participantes non os viron.

O motivo de non percibir a presenza vén derivado de que antes do visionado xa decidimos a que información imos a poñer atención. Esta decisión previa provócanos unha cegueira selectiva, que nos impide ser conscientes dos outros elementos que aparecen na acción.

Quizais poidas aproveitar esta experiencia para xustificarte na casa, no colexio ou no traballo cando te pillan totalmente despistado. Sen dúbida, é moito mellor alegar ter padecido unha “cegueira de atención” que dicir que estabas na pola.

 

DAVID BALLESTEROS