Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / É o que semella?

É o que semella? 0

 

ANAMORFOSIS

Se buscamos a definición de anamorfosis leeremos  “Pintura ou debuxo que ofrece á vista unha imaxe deforme e confusa, ou regular e acabada, segundo desde onde lla mire”.

Realmente é unha boa definición.  O que nos está dicindo é que podemos ver algo confuso ou sen sentido que se converte en coherente simplemente cambiando a posición desde onde observamos a imaxe.

O mecanismo que nos permite percibir eses cambios nas formas simplemente cambiando o noso punto de vista está ligado ao noso cerebro e as limitacións dos nosos sentidos. A percepción da realidade que nos chega a través destes non é completa, e o que fai o noso cerebro é ir creando o que definimos como “realidade” a partir de todos eses fragmentos que vai recibindo. E nesa “reconstrución” inflúen tamén as nosas expectativas e experiencias.

No caso do noso experimento, o que fixemos foi recrear un cubo xogando coas leis da perspectiva de forma que só se percibe esta xeometría na posición na que colocamos a cámara. Desde os outros puntos de visión, a imaxe que recreamos na nosa mente é totalmente diferente.

As anamorfosis están moi ligadas ao mundo da arte, onde foron usadas tanto como xogo e como técnica para ocultar información nun cadro que só se revela vendo a imaxe reflectida nun corpo de xeometría determinada.

Se vos picou a curiosidade e apetécevos crear vosa propia anamorfosis, na internet tedes multitude de tutoriales que vos permitirán aprender a “enganar” ao cerebro a través da perspectiva.

 

DAVID BALLESTEROS