Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / Karaoke con Helio

Karaoke con Helio 2

 

Cando articulamos sons, os músculos espiratorios contráense, aumentando a velocidade do aire que atravesa a larinxe. Os seus músculos contráense e as cordas ténsanse, facendo que o tamaño do espazo intermedio (a glotis) se reduza. A saída do aire a presión fainas vibrar, orixinando sons.

Estes son máis agudos canto máis xuntas estean as dúas membranas no momento de emitir o son.E tamén inflúe o grosor. As mulleres e os nenos téñenas máis finas que os homes.

Independentemente de todo isto, o son é unha perturbación do aire, unha onda xerada no aire como se xeran ondas na auga ao tirar unha pedra, e por iso, o que percibimos depende da densidade do aire no que viaxa.

Inhalando Helio redúcese a densidade do aire no que vibran as cordas vocais, aumentando en case tres veces a velocidade á que se transmite o son. O resultado é un son moito máis agudo do que se produce na atmosfera.

Tamén pode conseguirse voz máis grave do normal, inhalando hexafluoruro de azufre. O aire faise máis denso, e o son, máis grave.

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share