Loading...
Inicio / PROBA na CASA / A cola única

A cola única 2

 

A cola dun supermercado pode ser unha tortura para a nosa paciencia. Soemos ter percepción de escoller sempre a cola mais lenta. Isto acontece por que so reparamos nisto cando nos toca diante a persoa que non atopa a carteira ou a do carro cargado, e non nos lembramos do día que nos situamos na mellor fila.

Afortunadamente existe unha sinxela solución que democratiza as agardas: a cola única. O truque está en que deste xeito evitamos os tapóns e diminuímos as esperas medias. Este procedemento é o mais xusto para os usuarios.

O primeiro en estudar as colas de xeito matemático foi o enxeñeiro xefe da Compañía Telefónica de Copenhague, Agner Erlang. Daquela o problema era determinar o número óptimo de operadoras para establecer chamadas telefónicas sen agardas. Dese xeito naceu a rama matemática de “teoría de colas” que ten aplicacións desde o reparto de tempos de computación de superordenadores ata os datos que se moven por internet.

 

MANUEL VICENTE

Share