Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / Armar un atasco

Armar un atasco 2

 

Nun estudo feito en Xapón hai dous anos, tentouse demostrar que un atasco non necesariamente prodúcese porque existen condicionantes como estrechamientos ou accidentes, senón que inflúe, basicamente, a velocidade e a densidade dos coches implicados no atasco.

Segundo ese estudo, unha zona cun atasco é como un sistema de partículas (as partículas serían os coches), que interactúan entre si. Pequenas diminucións na velocidade poden transmitirse de coche a coche coma se fosen partículas chocando, exactamente igual que nunha onda. Non hai maneira de parar esa onda, salvo que se restablezan as condicións idóneas para a circulación.

No estudo calculouse a cantidade de coches que pode absorber unha rotonda sen que haxa atascos. Facendo circular 22 coches nunha rotonda de 73 m de diámetro, chegouse á conclusión de que, circulando a 30 km/h, fórmase un atasco cando a densidade do tráfico é superior a 0,09 coches por metro.

Segundo isto, unha fórmula que determinase o diámetro máximo que debe ter unha rotonda para que se mantivese tráfico fluído, circulando a 30 km/h, tendo en conta o número de coches presentes nela, podería ser esta:

NC/(0,09*Pi), na que NC sería o número de coches e 0,09 a constante de densidade.

Fontes:
Experimento de transición de fase nun atasco de tráfico nun circuito:

Shin-ichi Tadaki, Macoto Kikuchi, Minoru Fukui, Akihiro Nakayama, Katsuhiro Nishinari, Akihiro Shibata, Yuki Sugiyama, Taturu Yosida and Satoshi Yukawa

Published 30 October 2013 • IOP Publishing and Deutsche Physikalische Gesellschaft • New Journal of Physics, Volume 15, October 2013.

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share