Loading...
Inicio / IMOS á ESCOLA / A forza do listín telefónico

A forza do listín telefónico 2

 

Aínda que nos custe comprendelo, se intercalamos o suficiente número de follas de dous libros, será practicamente imposible separalos. Parece que estean unidas unas con outras con pegamento .

Sorprendentemente, a explicación deste fenómeno é moito máis complexa do que pode parecer inicialmente.

Ata fai relativamente pouco críase que todo se derivaba da fricción entre as follas. A forza de fricción aparece cando dous corpos entran en contacto e tentamos desprazar un respecto ao outro. Cada material ten un coeficiente de fricción característico. É moi baixo en casos como o teflón (úsase no revestimento das tixolas) ou o xeo e alto noutros como o caucho ou o cemento.

Tradicionalmente creíase que non se podían separar  porque ao intercalar as follas o que facemos é multiplicar a superficie de rozamento entre os dous corpos. E ao intercalar decenas e decenas de folios, a fricción entre elas é altísima.

Isto é ata certo punto correcto, pero non pode xustificar  totalmente o proceso. Recentemente, uns investigadores italianos han exposto unha nova explicación que atribúe gran parte da resistencia para separarse ao abombamento que sofren as follas nos seus extremos.

Por se algún está interesado, déixovos aquí a ligazón ao paper.

Xa vedes, a nivel teórico non sempre é sinxelo explicar o que sucede na nosa contorna. Hai tantos factores que inflúen que é moi dificil dar unha explicación exacta aos fenómenos. E quizais iso é o que fai á ciencia tan apaixonante.

 

DAVID BALLESTEROS

Share