Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / Brazos e pernas

Brazos e pernas 2

 

Un exercicio moi sinxelo para calquera persoa é mover a perna dereita en círculos no sentido das agullas do reloxo, non si? Outro movemento doado é debuxar no aire un 6 coa man. Ata aquí non hai problema.

Pero, que pasa se intentamos facer os dous movemento ao mesmo tempo? Faise moi dificultoso. O sentido de xiro da man semella dominar ao da perna. De xeito xeral, non é nada doado xirar en sentidos contrarios a perna e a man dun mesmo lado do corpo.

O sistema nervioso existe en primeira instancia para que nos podemos mover. Debaixo da posición que ocuparía unha diadema na nosa cabeza se acha a cortiza motora onde se xeran as ordes de movemento como impulsos nerviosos. Estes impulsos viaxan das neuronas da cortiza motora ata ás motoneuronas que van desde a medula espinal ata o músculo en cuestión. Estes sinais eléctricos conseguen que os músculos se contraian a demanda.

A cuestión é que cada movemento se xera a partir dunha agrupación de neuronas da cortiza motora, e estas agrupacións están relacionadas,interconectadas entre elas. Deste xeito, o noso cableado cerebral comparte neuronas para dar as ordes de xiro ao brazo e perna dun mesmo lado do corpo. Na nosa arquitectura cerebrais estes dous movementos son incompatibles, non temos recursos neuronais para facelos simultaneamente.

Este movemento que non ten ningunha utilidade vital e por iso non somos quen de facelo. Pola contra sí estamos cableados lateralmete e podemos coordinar perfectamente movementos dos dous lados do corpo, o que nos permite entre outras cousas andar. Isto explica porque é moi fácil xirar en sentidos contrarios a man coa súa perna oposto.

E por que nesta experiencia a man semella impor o seu sentido de xiro de á perna e non ao revés? Porque na cortiza motora ten moito mais peso – mais agrupacións de neuronas e conexións – o movemento das mans ca do das pernas. Isto vese moi graficamente no homúnculo motor de Penfield.

ARtigo_01_brazos e pernas

Este reto non é imposible de facer. Grazas a plasticidade do noso sistema nervioso adestrando poderíase chegar a adquirir este movemento con precisión. De aí que se llo propós aos teu colegas, asegúrate antes que non sexan intérpretes de piano ou batería.

 

Para saber máis:

Neurociencia para Julia, Xurxo Mariño, ed. Laetoli (2013)

Para coñecer outros experimentos co corpo: “Vamos a experimentar con tu cuerpo” de Miguel Barral publicado en Quo.

 

MANUEL VICENTE

Share