Loading...
Inicio / GALICIA inNOVA / Como aprenden os robots

Como aprenden os robots 2

 

Dicía o sicólogo conductivista B. F. Skinner que “o auténtico problema non é se as maquinas pensan, senón se o fan os homes”.O caso é que non sabemos aínda moi ben definir a intelixencia, e mesmo quédanos moitísimo por coñecer do funcionamento do noso cerebro. Tamén temos moitos estudosos como o nobel Daniel Kahneman que nos advirten que moitas das decisións que tomamos son todo menos lóxicas aínda que non teñamos esa percepción. Non hai mais que ver os experimentos de cegueira de elección temos reproducido en “Éche así”.

Os investigadores que traballan en Intelixencia Artificial adoitan ser mais prácticos. Actualmente existe un amplo desenvolvemento en máquinas que aprenden da experiencia e que executan tarefas en contornas que son descoñecidas para elas. Existen varios modelos de aprendizaxe para as máquinas. Un deles é, por exemplo, o de aprendizaxe por reforzo. Cada vez que o robot acerta/falla se lle da un reforzo positivo ou negativo segundo sexa o caso. Non é algo moi diferente a como aprendemos de pequenos.

Precisamente no grupo de sistemas intelixentes do CITIUS na USC ao que pertence Roberto Iglesias traballan no desenvolvemento de modelos que permitan a unha máquina a adaptarse a unha contorna. Xa temos robots nas nosas casas que o fan cando aspiran o po, os coches incipientes coches autónomos,… quizais – como reflexiona Senén Barroconvirá aprender a convivir cos robots, e mesmo tamén cos seus erros.

 

Para saber mais:

“Poden pensar as máquinas?” Discurso de ingreso na Real Academia Galega de Ciencias de Senén Barro.

 

MANUEL VICENTE

Share