Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / E ti, que miras?

E ti, que miras? 4

 

Como comentamos outras veces, en moitas ocasións é máis fácil explicar procesos da natureza que parecen moi complexos que aspectos aparentemente triviais e que pode expor un neno.

E moitos destes temas están ligados ao comportamento. Non é fácil explicar en moitas ocasións que nos empuxa a optar por unha conduta ou outra. E un dos campos máis complexos é o do comportamento de grupo. Como actuamos cando estamos con outros animais da nosa especie.

En 1969, o psicólogo Stanely Milgram contratou un grupo de actores e pediulles que se colocasen nunha parada de autobús. Por último, indicoulles que debían mirar todos na mesma dirección. Rápidamente constatou que a maior número de actores, máis persoas copiaban o comportamento e miraban na mesma dirección.

A interpretación xeral que se dá a este  comportamento é de carácter evolutivo. A dirección onde mira a maior parte dun grupo achéganos información valiosa sobre unha posible fonte de datos transcendentes. Posiblemente están a percibir algo que nos pode interesar. Ou mesmo ser útil para a nosa supervivencia. Agora quizais nos pareza máis que estamos ?esculcando?, pero se imaxinamos unha contorna con depredadores, sen dúbida mellor ser un dos que imita o comportamento dos outros.

 

DAVID BALLESTEROS

Share