Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / Tenis e forzas

Tenis e forzas 0

 

Durante un saque, o movemento exercido polo brazo coñécese co nome de panca de terceira clase. Durante o movemento, a velocidade angular é maior canto máis lonxe está a resistencia (neste caso, a bóla), da orixe da forza.

O ombro xera a forza, que se transmite ao pulso. Canto máis longa sexa a lonxitude entre os dous, é dicir, do brazo, maior a aceleración conseguida.

A lonxitude do brazo aumenta o chamado Momento de Forza, que xunto coa rotación do brazo, o xiro de pulso, o torso e as pernas, inflúe na aceleración angular da raqueta:

Mo = OP x F

  • Mo: Momento de Forza
  • O: Orixe da forza
  • P: Punto de aplicación da Forza
  • F: Forza

Canto maior é o vector OP e o valor F, maior o momento de Forza, e, polo tanto a aceleración.

Para comprobar esto, leváronse a cabo estudos no Departamento de Ciencias Biomédicas da Universidade de Milán con oito xogadores de tenis profesionais, nos que se valoraron altura, masa corporal, lonxitude brazo-raqueta, masa muscular no brazo, capacidade de salto e forza na empuñadura.

Só se encontraron dúas relacións significativas entre estes valores e a velocidade do saque: víase claramente favorecida pola altura – lonxitude do brazo, e o máis sorprendente, prexudicada pola cantidade de masa muscular.

Hai casos moi ilustrativos: Ivo Karlovic, xogador croata de 2.08 m de altura e delgadiño, pero cunha lonxitude do conxunto brazo-raqueta de preto de metro e medio, saca a unha media de 230 km/h.

 

DAVID RODRÍGUEZ