PINGAS QUE LEVITAN: O EFECTO LEIDENFROST
Ao gravar as fantásticas receitas con nitróxeno líquido de Javier Olleros no Culler de Pao atopámonos cun efecto fóra de guión: as pingas de nitróxeno líquido semellaban levitar sobre as superficies metálicas.
Isto ocorre porque as pingas de nitróxeno líquido entran en contacto cunha superficie a temperatura ambiente que, evidentemente, se atopa a unha temperatura moi por enriba do punto de ebulición do nitróxeno (-196 ºC). Instantaneamente fórmase debaixo das pingas un colchón de vapor de nitróxeno que é mal condutor da calor e de moi pouca resistencia. Deste xeito conséguese que as pingas non se evaporen – polo menos durante algún tempo – á vez que experimentan movementos caóticos. Este fenómeno coñécese como efecto Leidenfrost.
Este efecto é o mesmo que salvou ao correo do zar Miguel Strogoff de quedar cego cando unha espada tártara ao vermello foi colocada diante dos seus ollos:
“Subíndolle desde o corazón aos ollos, as bágoas que o seu valor trataba en van de reprimir, amoreáranse baixo as súas pálpebras e, ao volatilizarse sobre á córnea, salváranlle a vista. A capa de vapor formada polas súas bágoas, ao interpoñerse entre o sabre incandescente e as súas meniñas, fora suficiente para anular a acción da calor. É un efecto idéntico ao que se produce cando un obreiro fundidor, despois de mollar en auga a súa man, a fai atravesar impunemente unha cirichada de metal fundido”
“Miguel Strogoff” de Xulio Verne
Na casa podemos ver este efecto Leidenfrost se votamos auga sobre una tixola que se atope a unha temperatura moi superior aos 100 ºC.