Loading...
Inicio / IMOS á ESCOLA / Olfato e sabor

Olfato e sabor 0

 

Os humanos dispomos dun avanzado analizador químico constituído polos receptores olfactivos do nariz e os gustativos da boca. Podemos detectar millóns de olores a partir de 350 receptores de olor diferentes.

En canto ao sabor temos na lingua papilas gustativas con bulbos de ata un centenar de células que conteñen receptores especializados en detectar, ademáis dos 4 sabores básicos tradicionais, (doce, salgado, amargo e ácido), o chamado polo nome xaponés de umami.

Este último sabor, que poderiamos traducir como “carnoso” ou “saboroso”, desencadénase cando os receptores específicos póñense en contacto co aminoácido glutamato, presente en moitos alimentos, e abundante na solla, por exemplo. E no leite materno.

De todos os xeitos, o 80% do sabor que identificamos nos alimentos vén realmente do cheiro. Unha parte do olor é detectado polos receptores do nariz (olfacto ortonasal). Pero sen darnos conta tamén estamos a ulir pola boca (olfacto retronasal), este segundo cheiro normalmente o confundimos co gusto, pero realmente estamos a ulir. Isto é o que acontece cando paladeamos un viño.

 

DAVID RODRÍGUEZ