Loading...
Inicio / IMOS á ESCOLA / Polímeros

Polímeros 2

 

Moitas veces oímos dicir que a ciencia é importante para as nosas vidas e sempre pensamos en vacinas, medicamentos, avances médicos, etc…E non somos conscientes de ata que punto a nosa vida para mellorado en pequenos aspectos -ou non tan pequenos- grazas á investigación.

Un dos produtos da ciencia básica son o que chamamos polímeros hiperhidratables. Un polímero, por definición é simplemente unha molécula grande, formada pola repetición dunha unidade que chamamos monómero. E unha substancia hiperhidratables é aquela que ten a propiedade de absorber unha gran cantidade de auga.

Na natureza atopamos moléculas como a celulosa que teñen unha gran capacidade de absorción (de verdade non vos preguntáchedes nunca como fai esa servilleta de papel para secar de forma tan eficiente?). Pero aínda así, para determinadas finalidades é interesante dispoñer de substancias aínda máis eficaces.

O poliacrialato de sodio, que é a molécula que usamos no experimento, ten unha capacidade de absorción incrible. Se lle engadimos auga destilada, pode chegar a absorber 800 veces o seu peso. Se usamos auga da billa, quedaremos en “só” unhas 300 veces. Dito doutro xeito, con tres gramos de poliacriato podemos “neutralizar” case un litro de auga.

Esta aparente curiosidade ten aplicacións moi importantes a nivel industrial. A principal, produtos de hixiene como os cueiros. Hoxe en día, no primeiro mundo, vemos impensable ter que lavar os cueiros usados, pero non hai tanto tempo era unha práctica habitual.

Así que se vos toca cambiar un cueiro, que sexa cun sorriso. Somos unha xeración privilexiada en certos temas. E todo grazas a os químc@s.

 

DAVID BALLESTEROS

 

Share