Loading...
Inicio / o LABORATORIO / Refrescos light

Refrescos light 0

 

Se deixamos caer un obxecto na auga, tende a irse ao fondo, facendo forza cara abaixo. A auga, á súa vez, faio cara ao lado contrario. Se o peso da auga desprazada é maior ao do obxecto, entón flota. Disto deuse conta Arquímedes hai máis de 2000 anos.

Se o que deixamos caer é unha coca cola, vaise directamente ao fondo. Faio porque pesa máis que a auga. O refresco é practicamente auga, pero ademais leva disoltos 39 g de azucre. Son CINCO sobres de cafetería. Habería que imaxinarse a alguén nunha cafetería, pedindo un té, por exemplo, e pedindo un detrás doutro. O camareiro pasaríase dous meses contándoo. A pesar de que é o que nos tomamos, seguramente él tamén, en cada lata. Encima, o endulzante non é exactamente azucre, é almíbar de millo de alta fructosa, que endulza un 60% máis.

Ao que iamos. Afúndese porque ten unha densidade superior á auga. Se non tivese eses 39 g, que é o caso dos refrescos light (o edulcorante é aspartamo, moi potente, e por iso aparece nunha concentración 100 veces menor), a densidade sería máis ou menos a mesma que a auga pura: 1.00 g/ml . Se ademais temos en conta que teñen dióxido de carbono (CO2), que se incorpora disolto en auga, e que contribúe á flotabilidade, atopariámonos con que non se afunde.

 

DAVID RODRÍGUEZ