Loading...
Inicio / GALICIA inNOVA / Untar a manteiga

Untar a manteiga 2

 

No laboratorio de Análise das Propiedades Físicas da Aula de Produtos Lácteos da USC teñen permiso para xogar cos alimentos. Deste xeito estudan a dureza, fraxilidade, fracturabilidade, mastigabilidade ou pegañentabilidade de alimentos, pero tamén de produtos farmacéuticos, adhesivos, cosméticos…

Cando almorzamos na casa podemos comprobar que nalgúns casos cústanos moito que o coitelo quede impregnado coa manteiga e temos que facer moita forza para preparar a nosa torrada. Non todas as manteigas teñen a mesma untabilidade, senón que esta depende da proporción e tamaño dos cristais de graxa. A facilidade coa que se pode estender unha substancia nunha capa firme e uniforme pódese medir con precisión no laboratorio. A manteiga compórtase como un fluído que podemos someter a diferentes forzas con sondas específicas e estudar a súa resposta empregando un texturómetro.

Estes datos físicos son fundamentais á hora de elaborar produtos que sexan mais apetecibles para os consumidores. Iso si, a torrada vai seguir caendo polo lado da manteiga.

 

MANUEL VICENTE

Share