Loading...
Inicio / o LABORATORIO / Homeopatía

Homeopatía 2

 

A homeopatía é unha pseudociencia creada fai máis de douscentos anos, que defende que as enfermidades son causadas por miasmas, unha especie de emanacións de orixe e composición descoñecidos. O remedio homeopático que pode curalas, canto máis diluído está, máis potente é.

Á parte de que desde o momento en que se soubo que os microorganismos eran os responsables da inmensa maioría das enfermidades, a teoría dos miasmas superouse completamente, (isto pasou hai século e medio), pretender que diluíndo un principio activo auméntase a súa potencia vai en contra de todos os principios coñecidos da bioquímica. Por iso fixéronse estudos serios e concisos que demostraron inequivocamente que, desde o punto vista clínico, os remedios homeopáticos non funcionan.

Pero si hai casos de curacións. E a única explicación razoable, e perfectamente plausible, é o efecto placebo. Se se rexeita esta explicación, só queda a fe. Por iso, crer na homeopatía redúcese a iso: ás crenzas.

A fe, que merece todos o respectos, ten un mecanismo moi simple: non hai máis que crer nunha causa inexplicable e descoñecida. Podería ser dios (en Fátima hai casos documentados de curacións), ou os remedios homeopáticos, que curan os miasmas. Insisto na consideración escrupulosa que hai que ter por algo que profesan millóns de persoas e que ademais, axuda a ir pola vida. Pero o problema, e o sospeitoso neste caso, aparece cando se empeza a cobrar polos milagres.

 

Evidencia sobre a eficacia da homeopatía para o tratamento de condicións de saúde:

National Health and Medical Research Council. 2015. NHMRC Information Paper: Evidence on the effectiveness of homeopathy for treating health conditions. Canberra: National Health and Medical Research Council; 2015

Professor Paul Glasziou MBBS, PhD, FRACGP, Professor Peter Brooks AM, MBBS, MD (Lund), FRACP, FAFRM, FAFPHM, MDHonCausa, FRCP (Glas, Edin), Professor Frederick Mendelsohn, AO, MB BS, PhD, MD, FRACP, Dr Nikolajs Zeps, BSc(Hons), PhD, Associate Professor Evelin Tiralongo, BPharm(Hons), PhD, GradCertHigherEd, Mr John Stubbs, BA, DipAcct, Professor Chris Baggoley, AO, BVSc(Hons), MBBS, BSocAdmin, FACEM, FIFEM

 

DAVID RODRÍGUEZ

Share