Loading...
Inicio / o LABORATORIO / O ferro dos cereais

O ferro dos cereais 0

 

A deficiencia nutricional máis difundida no mundo é a de Ferro. En estudos patrocinados pola OMS en diferentes partes do mundo, a porcentaxe de déficit de Ferro en mulleres embarazadas foi de entre 40 e 99%, e hai estudos feitos en Sudamérica, segundo os cales a anemia en nenos alcanza o 50%.

Nos países nos que está máis ou menos asegurada a nutrición, tamén é moi frecuente, sobre todo en mulleres. Non é ningunha tontería, porque o Ferro, que forma parte da hemoglobina presente nos glóbulos vermellos, é fundamental no proceso de transporte de osíxeno no sangue.

É un trastorno tan común que circulan moitos mitos relacionados cos alimentos e o Ferro. Sempre se dixo que as lentellas ou as espinacas estaban cargados, e resulta que teñen moi pouco. Como ademais, é Ferro de orixe vexetal, o nivel de absorción é moi baixo. Por iso, e a pesar do rexeitamento que nalgúns supón o consumo de carnes vermellas, é conveniente. E se dá moita grima, recórrese ás ameixas, que teñen moito.

Un truco dos vexetarianos consiste en tomar moito zume de laranxa, porque a vitamina C mellora a capacidade de absorción de Ferro. E fartarse de legumes e os cereais integrais, que teñen unha cantidade razoable, sobre todo se están enriquecidos. Pero hai que lembrar que, non sendo de orixe animal, como mínimo, o 80% do que entra, sae.

 

DAVID RODRÍGUEZ