Loading...
Inicio / PROBA na CASA / Sempre nos contaron que…

Sempre nos contaron que… 2

 

Sempre escoitamos que as cenorias eran boa para vista. Moitas das veces na boca das nosas nais. E agora llo contamos aos nosos nenos. Pode ser unha boa estratexia para conseguir que consuman vexetais, pero na realidade trátase dun mito. O mesmo ocorre co ferro das espinacas.

Quizais o mais sorprendente destes mitos sexa a súa supervivencia no tempo malia seren desmentidos reiteradamente. Unha posible explicación pode ser a chamada “amnesia de fonte”. Este efecto opera cando recuperamos unha información e so nos quedamos coa copla, e esquecemos o sentido “favorable” ou “contrario” da mesma.

No noso caso puidera pasar que dentro duns meses o único que recordes é que viches algo na tele ou na web sobre as cenorias. O teu cerebro preguiceiro pode caer na trampa de pensar “se falan delas é que funcionan para a vista”e caer na “amnesia de fonte”. Pero agora xa está advertido,non si?

Para saber máis da amnesia de fonte:
“El ladrón de cerebros” Pere Estupinyá. Ed. Debate (2010)

 

MANUEL VICENTE

Share