Loading...
Inicio / IMOS á ESCOLA / Atractivo nas fotos

Atractivo nas fotos 0

 

Na nosa conduta inflúe inevitablemente o instinto. Inevitablemente, porque a intensidade dos impulsos que xeran os instintos foi sendo modulada e adaptada durante miles de xeracións, ao longo de millóns de anos.

Por suposto, os instintos sexuais condicionan na elección de parella. Fannos ter preferencias, que se basean na procura da mellor carga xenética posible para os nosos fillos. Por iso, o que facemos inconscientemente é buscar signos que revelen o código xenético dos que os presentan.

Salvo excepcións, en xeral sentímonos atraídos sexualmente por individuos simétricos. Os guapos o son. Asociamos a simetría coa saúde, e a saúde é distintivo de boa xenética. (De feito, unha boa razón de por que atopamos máis atractivos a outros cando bebemos é porque o alcol distorsiona a noción de simetría).

En homes:

  • Ósos fortes. Denotan niveis de testosterona altos. Esta hormona é determinante na capacidade reprodutiva. A maneira máis directa de comprobalo é a través da mandíbula ou os pómulos, que están moi expostos.
  • Baixos niveis de tensións. O cortisol, hormona da tensión, dificulta a reprodución. Un estudo feito en Letonia…… demostrou que as mulleres son perfectamente capaces de distinguir os niveis de cortisol en sangue a través de trazos físicos, de maneira completamente inconsciente.
  • Voz grave. Tamén é un marcador hormonal. A testosterona fai que as paredes da laringe engrósense e alarga as cordas vocais.

En mulleres:

  • Curvas marcadas. Revelan a presenza de estrógenos, relacionados coa fertilidade. Os estrógenos moldean a figura feminina. Cantas máis curvas, máis fertilidade.
  • Mocidade. A fertilidade vai reducíndose ata desaparecer cos anos. Afecta menos o atractivo dos homes, porque se manteñen fértiles máis tempo.
  • Mandíbula afiada e arcos superciliares altos. Propios de organismos con abundacia de hormonas sexuais femininas.

Nas preferencias que poidan terse a nivel sexual pode haber certa compoñente social, pero o máis influente hai que ir buscalo moito máis atrás, máis ao fondo: onde manda o instinto.

 

DAVID RODRÍGUEZ