Loading...
Inicio / CIENCIA na RÚA / Bicos a diestra e sinistra

Bicos a diestra e sinistra 2

 

Nesta experiencia “Éche así” tocounos pedir bicos pola rúa por esixencias do guión.

Temos o noso corpo lateralizado. As tarefas que realizamos co lado dereito do corpo contrólanse desde o hemisferio esquerdo que está especializado nas tarefas mais rutineiras e que requiren mais precisión.

Malia isto, aproximadamente unha de cada 10 persoas escribe coa man esquerda.

Por outro lado 2 de cada 3 bebes menores de 6 meses prefiren descansar coa cabeza xirada cara a súa dereita. Esta preferencia adquírese nas últimas semanas da xestación.

Pasado un tempo perdese esa preferencia… ata que empezamos a bicarnos.

O investigador Onur Güntürkün dedicouse durante dous anos a observar a parellas bicándose en lugares en lugares públicos. Escolleu especialmente aeroportos e estacións onde é fácil atopar amantes despedíndose e persoas de diferentes culturas e orixes. Nesta indagación publicada en Nature atopou que dúas de cada tres parellas xiran a cabeza cara a súa dereita dunha mostraxe de 124 bicos válidos.

Para o seu estudo descartou os bicos nas fazulas porque teñen un importante factor cultural. Tamén aqueles bicos nos que algún obxecto o prenda forzaba a preferencia. So considerou o primeiro bico.

E qué pasa naquelas parellas nas que se enfronta un bicante a dereitas e outro a esquerdas? Podemos asumir que na metade das ocasións gaña un, e na outra metade gaña o outro. De tal xeito que o dato que obtemos para as parellas é extrapolable aos individuos.

No experimento “Éche así” non cumprimos estritamente o protocolo experimental do artigo de Nature. Haberá que repetir outro día.

Fontes e mais información:

Neurociencia para Julia, Xurxo Mariño, ed. Laetoli (2013)

A ciencia no punto de Mira, Jorge Mira, AugA Editora (2011)

Onur Güntürkün “Human behaviour: Adult persistence of head-turning asymmetryNature (2013) 421, 711.

 

MANUEL VICENTE

Share